Isabel Urioste de Mallo escribe a Joaquín Soage sobre o pago dunha débeda que tiña o seu home, Pedro Mallo, con el, tamén sobre as xestións de compras de casas que están facendo na familia e a mellora da situación económica de Arxentina.
Saturnino Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre o cobro dunha débeda que tiña Pedro Mallo con el, e tamén sobre a situación política e económica da Arxentina e España.
Isabel Urioste de Mallo escribe a Joaquín Soage sobre a débeda que tiña o seu home, Pedro Mallo, con el a conta da filla de ambos, Irene. Tamén comenta que existe a posibilidade dun negocio inmobiliario co goberno arxentino, e postergará unha viaxe a Europa ata que o resolva.
Enrique Rodríguez y Cia. escribe a Joaquín Soage sobre un negocio que acaban de abrir en A Habana.
Memoria da solicitude ao Goberno de España para obter a patente da máquina de encaxetillar cigarros chamada `Habana`, asinada por Segundo Álvarez.
José María de la ? escribe a Joaquín Soage para decirlle que el e a súa familia non se vieron afectados pola catástrofe en Santander da explosión do vapor Machichaco, e agradecer o seu interese por eles.